Contar na nosa Semana da Radio cun dos locutores máis escoitado do panorama radiofónico nacional é un auténtico privilexio. Non sempre os retos que nos propomos pódense levar a cabo, pero neste caso, ao propio Javier Cárdenas pareceulle unha gran idea e púxose á nosa disposición para que algúns rapaces e rapazas de 6º de Primaria lle fixeran unha pequena entrevista.
Deste locutor poderíamos, pese a súa mocidade, falar moito. Simplemente dicir que con só 9 anos e da man de Agustín Rodríguez, unha das mellores voces que tivo a historia da radiodifusión española, Javier ingresou no programa Peques Unbic, en Radio Juventud.
Aos 16 comezaba a retransmitir partidos de fútbol da man de Alfonso Arús en Antena 3 Radio. Cadena Radio, Radio Club25, M80, Radio España, entre outras, foron emisoras onde Javier tivo a fortuna de colaborar.
Precisamente foi na Cadena Ser onde Cárdenas pasou a maior parte dos seus anos na radio. Agora, os oíntes de Cadena DIAL escoitan cada mañá a voz de javier xunto ao resto do equipo do programa Atrévete, un dos programas matinais máis escoitado. Unha boa forma de empezar o día cun chisco de humor e de información. Atrévete foi galardonado cun premio ONDAS, o maior premio que pode levar no noso país un programa de radio.
A entrevista que os alumnos/as do noso centro lle fixeron foi dunha gran dificultade técnica ao facerse vía telefónica. Iso réstalle calidade ao resultado. Espero que saiban perdoar o resultado final para descubrir non só a un gran locutor senón tamén a unha gran persoa.